A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove un ano máis as xornadas formativas de sensibilización en materia de Ciberseguridade en aulas da rede CeMIT

Xoves 14 de Marzo de 2024

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove un ano máis as xornadas formativas de sensibilización en materia de Ciberseguridade en aulas da rede CeMIT

Baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” búscase sensibilizar á cidadanía, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre o uso seguro da tecnoloxía e ofrecer solucións fáciles para aplicar no seu día a día
O programa formativo terá lugar entres os meses de marzo e maio e a inscrición ás sesións pode realizarse desde o portal da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia no día de hoxe un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As sesións formativas estenderase ata o mes de maio baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” e desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 23 concellos de toda Galicia. 

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de CelanovaCastrelo de MiñoRibadeoPontevedraSanta CombaValgaVigoCuntisA FonsagradaPoioBriónA CoruñaRibeiraVimianzoCercedaBoiroQuirogaCampo LameiroO VicedoGuitirizFisterraOrtigueiraLeiro.

Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas. 

Calendario de charlas

Aulas participantes Datas  Horarios Inscrición
Aula CeMIT de Celanova Luns 18 de marzo 11:00-13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45376
Aula CeMIT de Castrelo de Miño Martes 19 de marzo 11:00-13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45353
Aula CeMIT de Ribadeo Mércores 20 de marzo 11:00- 13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45366
Aula CeMIT de Pontevedra Xoves 21 de marzo 10:00-12:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/45306 
Aula CeMIT de Santa Comba Xoves 21 de marzo 17:00-19:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45289
Aula CeMIT de Valga Venres 22 de marzo 10:00- 12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45326
Aula CeMIT de Vigo Mércores 27 de marzo 11:00- 13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45303
Aula CeMIT de Cuntis Luns 1 de abril 11:00- 13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45310
Aula CeMIT de A Fonsagrada Martes 2 de abril 10:00- 12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45320
Aula CeMIT de Poio Xoves 4 de abril 16:00- 18:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/45398 
Aula CeMIT de Brión Martes 9 de abril 11:00- 13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45399
Aula CeMIT de A Coruña (Centro Cívico Eirís) Venres 12 de abril 10:00- 12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45322
Aula CeMIT de Ribeira Venres 12 de abril 11:00- 13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45372
Aula CeMIT de Vimianzo Luns 15 de abril 17:00- 19:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45296
Aula CeMIT de Cerceda Martes 16 de abril 10:00- 12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45400
Aula CeMIT de Boiro Martes 23 de abril 17:00- 19:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45373
Aula CeMIT de Quiroga Mércores 24 de abril 10:00- 12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45309
Aula CeMIT de Campo Lameiro Mércores 24 de abril 10:00- 12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45387
Aula CeMIT de O Vicedo  Luns 29 de abril 18:00- 20:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45317
Aula CeMIT de Guitiriz Martes 7 de maio 10:30- 12:30 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45288
Aula CeMIT de Fisterra Martes 14 de maio 10:30- 12:30 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45295
Aula CeMIT de Ortigueira Mércores 15 de maio 10:00- 12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45362
Aula CeMIT de Leiro Martes 21 de maio 11:00- 13:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45367

A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 94 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. 

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.