A Amtega e o clúster TIC Galicia colaborarán no deseño e recompilación de datos para o mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia e na definición conceptual dun portal de emprego TIC de Galicia
A Amtega e o clúster TIC Galicia colaborarán no deseño e recompilación de datos para o mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia e na definición conceptual dun portal de emprego TIC de Galicia
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital no ano 2021.
O convenio, enmarcado dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, contribuirá a acadar os obxectivos de promover a adaptación ao mundo laboral cambiante, impulsar a dixitalización empresarial para a competitividade e potenciar o impulso dixital da producción local.