A Amtega convoca máis de 400 prazas para as probas da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

Xoves 25 de Marzo de 2021

A Amtega convoca máis de 400 prazas para as probas da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

• Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
• Os exames presenciais celebraranse os días 05, 06 e 07 de maio nas aulas CeMIT de 36 concellos de toda Galicia
• Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) un total de 410 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición a estas probas remata o sábado 03 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

As probas presenciais celebraranse os días 05, 06 e 07 de maio en 49 quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a  celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 36 concellos, que suman un total de 410 prazas dispoñibles:  

Abegondo, Ames, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña;  Barreiros, Carballedo, Guitiríz, Lugo, Monterroso e O Vicedo na provincia de Lugo;  O Barco e Celanova na provincia de Ourense; e Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Poio,  Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.

Entre as persoas inscritas provisionalmente realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
 

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos  do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo

 

Máis de 1.500 prazas programadas para o ano 2021

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2021, que terá a súa continuación no próximo semestre con novas convocatorias dun curso de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais na modalidade autoformativa

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 9.610 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.839 en cursos de teleformación titorizada e 6.802 en probas presenciais de acceso libre) e 4.200 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia despois de superar  as probas convocadas nas  aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as mais de 300  actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet  (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
 

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 05, 06 e 07 de maio de acordo co seguinte calendario:

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00

7

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00

10

Betanzos

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00

10

Coruña, A - Eirís

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00

10

Vimianzo

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00

6

Barreiros

Lugo

Mércores, 5 de maio

10:00

6

Lugo

Lugo

Mércores, 5 de maio

10:00

8

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10:00

6

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10:00

9

Vilagarcía

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10:00

10

         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00

7

Boiro

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00

10

Oroso

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00

10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00

8

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00

8

Monterroso

Lugo

Xoves, 6 de maio

10:00

10

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

8

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

9

Lalín

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

12

Moaña

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

7

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

12

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

9

Valga

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

6

Vigo

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00

6

         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00

10

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00

10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00

8

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00

12

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00

9

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 6 de maio

16:00

4

Barco, O

Ourense

Xoves, 6 de maio

16:00

6

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00

18

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00

8

Moaña

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00

7

Vigo

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00

6

         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

7

Betanzos

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

10

Boiro

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

10

Brión

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

6

Cerceda

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

4

Fisterra

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

5

Oroso

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

10

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00

4

Carballedo

Lugo

Venres, 7 de maio

10:00

3

Guitiríz

Lugo

Venres, 7 de maio

10:00

14

Celanova

Ourense

Venres, 7 de maio

10:00

9

Marín

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10:00

9

Poio

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10:00

5

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10:00

12