O sector TIC de Galicia creará máis de 4.500 novos postos de traballo nos próximos 5 anos
O sector TIC de Galicia creará máis de 4.500 novos postos de traballo nos próximos 5 anos
O 14,4% das empresas TIC de Galicia conta con perfís relacionados cos servizos na nube (Cloud) e un 13,2% conta con profesionais vinculados á xestión do dato (big data). Así mesmo, unha de cada dez empresas TIC de Galicia conta con perfís STEM nas áreas da Ciberseguridade Internet das Cousas (IoT), a Industria 4.0 e a Automatización e o 6,6% das empresas TIC de Galicia conta con perfís STEM nas áreas das tecnoloxías ambientais e a eficiencia enerxética.