A rede CeMIT conectará a preto de 1.500 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia
• Alumnado de entre 3 e 7 anos de 32 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 10 e 20 de decembro
• Por undécimo ano consecutivo a rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia
Entre os días 10 e 20 de decembro 1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.
Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.
Por toda Galicia
Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Cerceda, Ferrol, Fisterra, Leiro, Narón, Negreira, Ourense, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un1.478 total de 48 sesións
Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e o alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa
O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu undécimo aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar un por un e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.
Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:
http://cemit.xunta.es/centros.
|
LUNS |
||
|
10:00 |
MUROS |
EEI DE MUROS |
|
10:30 |
CELANOVA |
SAGRADO CORAZÓN |
|
11:00 |
MARÍN |
EEI O GRUPO |
|
12:30 |
BARREIROS |
C.E.I.P. San Cosme |
|
MARTES |
||
|
10:00 |
VALGA |
CRA VALGA |
|
10:30 |
CASTRELO DE MIÑO |
CEIP CASTRELO MIÑO |
|
11:00 |
BOIRO |
CEIP SANTA BAIA |
|
11:30 |
BOIRO |
CEIP SANTA BAIA |
|
12:00 |
VALGA |
CRA VALGA |
|
MÉRCORES |
||
|
10:30 |
BARREIROS |
C.E.I.P. San Miguel |
|
11:00 |
ARZÚA |
CEIP ARZÚA |
|
11:30 |
BANDE |
CAS BANDE |
|
XOVES |
||
|
10:00 |
PONTEDEUME |
CPI ATOCHA |
|
10:30 |
PONTEDEUME |
CPI ATOCHA |
|
11:00 |
SARREAUS |
CPI de Sarreaus |
|
11:30 |
BETANZOS |
PAI MENI - Ed. Especial |
|
12:00 |
XUNQUEIRA DE AMBIA |
Colegio Padre Crespo |
|
VENRES |
||
|
10:30 |
NEGREIRA |
FUNDACION DISCAPACITADOS PSIQUICOS VAL DE BARCALA |
|
11:00 |
CELANOVA |
CURROS ENRÍQUEZ |
|
11:30 |
BETANZOS |
Escola Infantil Municipal |
|
12:00 |
FERROL |
CEIP Recimil |
|
12:30 |
ARZÚA |
NOSA SRA. ROSARIO |
|
13:00 |
NEGREIRA |
CEIP O COTO |
|
LUNS |
||
|
10:00 |
ORTIGUEIRA |
CEIP José Mª Lage |
|
10:30 |
SANTA COMBA |
CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada |
|
11:00 |
FISTERRA |
MAR DE FORA / AREOUTA |
|
11:30 |
ORTIGUEIRA |
CEIP José Mª Lage |
|
12:00 |
FISTERRA |
NOSA SEÑORA DO CARME |
|
12:30 |
LEIRO |
C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán |
|
MARTES |
||
|
10:00 |
OURENSE |
CEIP As Mercedes |
|
10:30 |
CAÑIZA, A |
CPI DA CAÑIZA |
|
11:00 |
ABEGONDO |
CEIP SAN MARCOS |
|
11:30 |
CAÑIZA, A |
CEIP DE VALEIXE |
|
12:00 |
CERCEDA |
CPI O CRUCE |
|
12:30 |
VILAGARCÍA |
CPR SAN FRANCISCO |
|
13:00 |
VILAGARCÍA |
CEE VILAGARCIA - disc. Funcional |
|
MÉRCORES |
||
|
10:30 |
CERCEDA |
CPI O CRUCE |
|
11:00 |
VIMIANZO |
CEIP SAN VICENZO |
|
11:30 |
VICEDO, O |
CEIP O VICEDO |
|
12:00 |
VIMIANZO |
CEIP SAN VICENZO |
|
12:30 |
CATOIRA |
CPI PROGRESO DE CATOIRA |
|
13:00 |
VICEDO, O |
CEIP O VICEDO |
|
XOVES |
||
|
10:00 |
NARÓN |
A SOLAINA |
|
10:30 |
NARÓN |
A SOLAINA |
|
11:00 |
BEARÍZ |
CEIP de BEARÍZ |
|
11:30 |
CARBALLEDO |
CEIP XOSE LUIS TABOADA |
|
12:00 |
CASTRO CALDELAS |
CEIP VIRXE DOS REMEDIOS |
|
12:30 |
QUIROGA |
CEIP DE QUIROGA |