Os dous polígonos industriais de Allariz contan xa con acceso a internet de ata 350mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta
• O Parque Empresarial de Chorente e o Polígono Industrial de Roiriz son 2 das 11 superficies empresariais ourensás que se benefician do Plan da Administración en colaboración co operador R
As 45 empresas do Parque Empresarial de Chorente e do Polígono Industrial de Roiriz dispoñen de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps, grazas a unha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.
Con estes polígonos son 7 os parques empresariais da provincia que xa dispoñen do servizo actualmente. A previsión é ao remate de 2018 se completen as actuacións noutros 4. En total, 11 polígonos da provincia disporán destas conexións ultrarrápidas ao remate de 2018.
350Mbps e servizos R de valor engadido
As empresas dos polígonos beneficiados desta actuación do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
Ademais, R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.
Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa. Proximidade, polo tanto, e tamén flexibilidade para adaptarse ás necesidades dos negocios en cada momento.
E todo isto, grazas ás vantaxes das redes FTTH (Metro, RFoG, GPON...), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R
Prazos e orzamento
O Plan xa completou o despregamento en 57 polígonos da Comunidade e este ano chegará a outros 24 máis. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Plan de Banda Larga de Galicia 2020
O Plan de Banda Larga de Galicia 2020, aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.
Listado de Polígonos da Ourense cubertos e previstos en 2018
|
CONCELLO |
POLÍGONO |
DATA COBERTURA |
|
ALLARIZ |
PARQUE EMPRESARIAL DE CHORENTE |
Cuberto |
|
ALLARIZ |
PARQUE EMPRESARIAL DE CHORENTE (POLÍGONO INDUSTRIAL DE ROIRIZ) |
Cuberto |
|
BARCO DE VALDEORRAS (O) |
PARQUE EMPRESARIAL DE O BARCO DE VALDEORRAS |
Cuberto |
|
CARBALLEDA DE VALDEORRAS |
POLÍGONO INDUSTRIAL DE A MÉDUA |
Cuberto |
|
CELANOVA |
PARQUE EMPRESARIAL DE CELANOVA |
Cuberto |
|
RIBADAVIA |
PARQUE EMPRESARIAL DE RIBADAVIA |
Cuberto |
|
VERIN |
PARQUE EMPRESARIAL DE VERÍN - PAZOS |
Cuberto |
|
PONTEDEVA |
ZONA DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL TRADO |
Previsto 2018 |
|
VILAMARIN |
PARQUE EMPRESARIAL DE VILAMARÍN |
Previsto 2018 |
|
VILAR DE SANTOS |
PARQUE EMPRESARIAL SANTA MARTA |
Previsto 2018 |
|
XINZO DE LIMIA |
PARQUE EMPRESARIAL DE XINZO DE LIMIA |
Previsto 2018 |