A unidade mixta de investigación Fastfly avanza no desenvolvemento de drons máis autonómos e seguros

A unidade mixta de investigación Fastfly avanza no desenvolvemento de drons máis autonómos e seguros

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación da Unidade Mixta de Investigación (UMI) FASTFLY (Full Autonomous Systems for UAS), a primeira unidade mixta centrada ata agora no ámbito dos avións non tripulados, e que está impulsada polo centro tecnolóxico Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) e a empresa Star Defence Logistics & Engineering (SDLE) co apoio da Xunta de Galicia.

A Xunta impulsa un Nodo de cooperación 5G para avanzar no obxectivo de que Galicia sexa das primeiras comunidades en dispoñer desta tecnoloxía

A Xunta impulsa un Nodo de cooperación 5G para avanzar no obxectivo de que Galicia sexa das primeiras comunidades en dispoñer desta tecnoloxía

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, indicou hoxe, durante a rolda de prensa posterior ao Consello, que a Xunta vai impulsar un convenio de colaboración para impulsar un Nodo de cooperación rexional 5G e avanzar así no obxectivo de que Galicia sexa unha das primeiras comunidades en dispoñer desta tecnoloxía. Esta iniciativa busca que Galicia se sitúe como territorio preferente para pilotar as primeiras solucións baseadas en tecnoloxía 5G, encabezando algúns dos proxectos previos ao despregamento destas redes.

A Xunta extende as actividades da Mobile Week a Área Metropolitana da Coruña e á Capital de Galicia

A Xunta extende as actividades da Mobile Week a Área Metropolitana da Coruña e á Capital de Galicia

A Xunta de Galicia formalizou esta mañá a súa participación na Mobile Week Coruña (MWC) coa sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Club Financiero Atlántico, que posibilitará a achega de 30.000 euros a esta iniciativa.

Ademais, a Amtega colabora coa MWC ampliando o a súa área de influencia cunha vintena de actividades na propia cidade herculina e nos Concellos de Abegondo, Betanzos, Sada e Santiago de Compostela.

Da Coruña ao Gaiás

A Amtega destina o 70% do seu orzamento de 2019 a investimentos para consolidar os avances da Axenda Dixital de Galicia

A Amtega destina o 70% do seu orzamento de 2019 a investimentos para consolidar os avances da Axenda Dixital de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incrementa o seu orzamento para 2019 en 8,84 millóns de euros e disporá de 111.455.773 euros, dos que máis do 67% está destinado a investimento. Así o explicou a directora da Amtega, Mar Pereira, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para detallar as contas do seu departamento para o vindeiro ano

Máis do 97% dos fogares galegos con nenos e estudantes ten contratado internet

Máis do 97% dos fogares galegos con nenos e estudantes ten contratado internet

O 97,5% dos fogares galegos con nenos e nenas en idade escolar (3 a 16 anos) ten contratado banda larga, aumentando un 3,9% respecto ao ano anterior e superando en 17,6 puntos aos fogares onde non residen estudantes. A contratación deste servizo aumenta nos fogares onde residen estudantes maiores de 16 anos, acadando o 98,9% e amosando a incidencia de Internet no período escolar e universitario.

A Xunta pon en marcha o nodo 5G co compromiso de Orange, Telefónica e Vodafone de realizar en Galicia seis prototipos baseados nesta tecnoloxía

A Xunta pon en marcha o nodo 5G co compromiso de Orange, Telefónica e Vodafone de realizar en Galicia seis prototipos baseados nesta tecnoloxía

A Xunta pon en marcha o Nodo de Cooperación 5G para facilitar o desenvolvemento de solucións baseadas nesta tecnoloxía que dean resposta á necesidades concretas en ámbitos prioritarios para a Comunidade. A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Orange, Telefónica, Vodafone e o operador público Retegal asinaron hoxe un convenio de colaboración que plasma o compromiso dos tres operadores de telecomunicación de desenvolver un mínimo de 6 probas de concepto con tecnoloxía 5G entre 2019 e 2020.

Máis do 82% dos fogares galegos ten contratado internet, preto dun 5% máis que o ano anterior

Máis do 82% dos fogares galegos ten contratado internet, preto dun 5% máis que o ano anterior

O 82,6% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,8% con respecto ao ano anterior, superior ao crecemento do conxunto do Estado (3,6%), sendo nos concellos de 10.000 a 20.000 habitantes onde se rexistra o crecemento máis significativo (10,3% de aumento no último ano). Este aumento na contratación de Internet nos fogares galegos permitiu ascender 4 postos na comparativa autonómico en tan só un ano.

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas

Dende mañá e ata o 31 de xaneiro empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida.  Esta nova convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, é unha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para a estender de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

A Ribeira Sacra acolle esta fin de semana a primeira edición de DixitalON, o programa formativo da Amtega para a transformación dixital de autónomos e micropemes

A Ribeira Sacra acolle esta fin de semana a primeira edición de DixitalON, o programa formativo da Amtega para a transformación dixital de autónomos e micropemes

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) arranca este fin de semana na Ribeira Sacra a primeira edición de DixitalON, o programa formativo sobre transformación dixital para autónomos e micropemes.

A transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha micropeme ou unha peme. Consciente desta realidade, a Amtega lanzou este novo formato, especialmente deseñado para autónomos e micropemes, que consiste en actividades de formación durante estadías de fin de semana.

Un total de 401 persoas se examinan esta semana para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Amtega

Un total de 401 persoas se examinan esta semana para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Amtega

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a listaxe definitiva das 401 persoas matriculadas para a realización das probas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 13 de marzo, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice