Mauro Fernández Dabouza será o novo director do Centro de Supercomputación de Galicia

Mauro Fernández Dabouza será o novo director do Centro de Supercomputación de Galicia

O padroado do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) do pasado día 3 de outubro aprobou por unanimidade o nomeamento do novo director-xerente do centro, en substitución de Javier García Tobío, xubilado recentemente.

Conecta Peme mobilizará na provincia de Ourense máis de 2 M€ en proxectos que impulsan a innovación e nos que participan 7 empresas

Conecta Peme mobilizará na provincia de Ourense máis de 2 M€ en proxectos que impulsan a innovación e nos que participan 7 empresas

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou esta mañá o investimento de máis dun millón de euros destinado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para seis proxectos nos que participan 7 empresas da provincia, dentro da cuarta edición do programa Conecta Peme, e que mobilizarán mais de 2 millóns de euros. A resolución destas axudas publicouse onte no DOG (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181112/AnuncioG0198-021118-0001_gl.html).

A Amtega inaugura a súa participación na Mobile Week Coruña cun encontro sobre ciberseguridade para cidadáns e empresas

A Amtega inaugura a súa participación na Mobile Week Coruña cun encontro sobre ciberseguridade para cidadáns e empresas

A Mobile Week Coruña (MWC), que se desenvolverá entre os días 21 e 28 de novembro, converte a Galicia na Comunidade elixida pola Mobile World Capital Barcelona para acoller o primeiro evento que celebra fóra de Cataluña.

A Xunta de Galicia, a través da Amtega, colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A programación está dispoñible na web da MWC (https://www.mobileweekcoruna.com/es/eventos/)

Galicia expón no salón SIMO a súa iniciativa para consolidar unha educación integramente dixital, da que xa se benefician 18.000 alumnos

Galicia expón no salón SIMO a súa iniciativa para consolidar unha educación integramente dixital, da que xa se benefician 18.000 alumnos

 

A Xunta de Galicia iniciou en 2010 unha aposta pola dixitalización da educación coa posta en marcha do Proxecto Abalar, una iniciativa que implicaba a toda a comunidade educativa: pais, nais, titores legais, docentes, e alumnado. Oito anos despois, 6.000 aulas de 5º e 6º de educación primaria, Educación Secundaria e Bacharelato son dixitais e 18.000 alumnos desenvolven a súa actividade educativa a través dunha plataforma de contidos.

A Amtega publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web

A Amtega publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web. O código fonte liberado baixo unha licenza de software libre pode atoparse xa no repositorio de Software Libra da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-web/).

A Xunta e a Fegamp colaboran na extensión da Administración electrónica aos concellos a través do catálogo de servizos dixitais

A Xunta e a Fegamp colaboran na extensión da Administración electrónica aos concellos a través do catálogo de servizos dixitais

A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias colaboran na extensión da Administración dixital aos concellos poñendo a súa disposición o catálogo de servizos dixitais da Xunta. Así se recolle nun convenio asinado recentemente entre o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.

A Amtega achega mañá a Mobile Week Coruña ao Gaiás cun encontro sobre ciberseguridade para cidadáns e empresas

A Amtega achega mañá a Mobile Week Coruña ao Gaiás cun encontro sobre ciberseguridade para cidadáns e empresas

A Mobile Week Coruña (MWC), que se inaugura mañá converte a Galicia na Comunidade elixida pola Mobile World Capital Barcelona para acoller o primeiro evento que celebra fóra de Cataluña.

A Xunta de Galicia, a través da Amtega, colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A programación está dispoñible na web da MWC (https://www.mobileweekcoruna.com/es/eventos/)

A comisión de persoal da Xunta aproba o texto do anteproxecto da LEDIXGA co voto favorable de todas as organizacións sindicais

A comisión de persoal da Xunta aproba o texto do anteproxecto da LEDIXGA co voto favorable de todas as organizacións sindicais

O Anteproxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA) continúa a súa tramitación tras ser aprobado na comisión de persoal da Xunta de Galicia co voto favorable de todas as organizacións sindicais. A CIG, CCOO., CSIF e UXT amosaron a súa conformidade co articulado sometido a votación.

A Amtega colaborará co INCIBE para formar ás pemes en ciberseguridade

A Amtega colaborará co INCIBE para formar ás pemes en ciberseguridade

 

A Cidade da Cultura acolle hoxe unha  Xornada de Ciberseguridade, a primeira actividade coa que a Xunta achega a Santiago as actividades da Mobile Week Coruña. A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, xunto co presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez, inaugurou o encontro destacando a importancia da formación e a divulgación para xerar unha cultura da  ciberseguridade no tecido empresarial, especialmente entre as pemes e os autónomos.  

Feijóo avanza que Galicia contará cunha Axenda Dixital Post-2020 que incluirá un polo Gaiás-Dixital e un Comité de intelixencia artificial

Feijóo avanza que Galicia contará cunha Axenda Dixital Post-2020 que incluirá un polo Gaiás-Dixital e un Comité de intelixencia artificial

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia empezará a traballar na Axenda Dixital Post-2020, que contará cun polo Gaiás-Dixital e cun Comité de intelixencia artificial. “Estamos a falar dunha ferramenta para contextualizar a estratexia europea no ámbito dixital no noso contorno, para aproveitar a posición que a transformación dixital terá no novo marco de financiamento europeo 21-27 e aproveitar os avances dixitais experimentados na Comunidade”, explicou.