A Amtega presenta un programa de formación para axudar ás pemes, micropemes e autonomos a liderar a súa transformación dixital

A Amtega presenta un programa de formación para axudar ás pemes, micropemes e autonomos a liderar a súa transformación dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital  e mellorar a súa proxección de futuro. Un proxecto estratéxico que se presentará o mércores, 10 de outubro, nunha xornada  informativa e de networking que terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

A Amtega pon en marcha o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo para a dixitalización de pemes, micropemes e autónomos

A Amtega pon en marcha o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo para a dixitalización de pemes, micropemes e autónomos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro.

A Amtega convoca máis de 500 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Amtega convoca máis de 500 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 500 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX).

O Plan Digitalent ofrece 80 actividades ata decembro para achegar as profesións TIC aos máis novos

O Plan Digitalent ofrece 80 actividades ata decembro para achegar as profesións TIC aos máis novos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a primeira edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, con máis de 80 actividades ata decembro que achegarán ás novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e reforzarán o atractivo vocacional das profesións neste eido a través de talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado charlas ou accións informativas, nas que se implicará tamén ao seu círculo máis próximo (pais/nais, avós/avoas, titores, etc...).

A Amtega pon en marcha unha nova edición das xornadas “Faite dixit@l” para coñecer a nova sede electrónica da Xunta de Galicia

A Amtega pon en marcha unha nova edición das xornadas “Faite dixit@l” para coñecer a nova sede electrónica da Xunta de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as Xornadas prácticas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” nas catro provincias galegas .

A Xunta ofrece este ano máis de 1.200 horas de formación sobre administración dixital aos empregados públicos

A Xunta ofrece este ano máis de 1.200 horas de formación sobre administración dixital aos empregados públicos

A formación é unha das liñas de actuación do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 co que se está a consolidar o proceso de transformación dixital da Administración autonómica. Así o destacou esta mañá a directora da Amtega, Mar Pereira, na inauguración do Curso Superior de Administración Electrónica, na que tamén interviñeron a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez.

A iniciativa Girl STEM do plan de talento dixital ofrece o vindeiro 19 de outubro un encontro coa directora xeral da multinacional Red Hat

A iniciativa Girl STEM do plan de talento dixital ofrece o vindeiro 19 de outubro un encontro coa directora xeral da multinacional Red Hat

A directora xeral de Red Hat para España e Portugal, Julia Bernal, considerada unha das máis importantes directivas españolas, participará o vindeiro 19 de outubro no programa 'GIRL STEM: derrubando estereotipos', una das iniciativas  do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega.

Un grupo de 30 escolares, acompañados de pais e nais, aprenderán mañá a programar videoxogos de naves espaciais no IV Scratch Day

Un grupo de 30 escolares, acompañados de pais e nais, aprenderán mañá a programar videoxogos de naves espaciais no IV Scratch Day

Mañá, sábado 20 de outubro, terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, unha iniciativa na que participarán 30 escolares de entre 7 e 15 anos que aprenderán a programar co seu ordenador videoxogos de naves espaciais, tendo que asistir a esta sesión práctica acompañados polos seus pais ou nais.

A Xunta acomete o despregue de redes ultrarrápidas de internet no parque empresarial de Palas de Rei, ultimando as actuacións do Plan de Banda Larga para este ano

A Xunta acomete o despregue de redes ultrarrápidas de internet no parque empresarial de Palas de Rei, ultimando as actuacións do Plan de Banda Larga para este ano

A Xunta de Galicia e o operador R poñen en servizo o acceso a redes ultrarrápidas de ata 350Mbps de velocidade no parque empresarial de Palas de Rei dende esta mesma semana. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R explicaron hoxe o proxecto aos empresarios beneficiados nunha xuntanza na que tamén participou o alcalde, Pablo Taboada.

Seleccionados os seis proxectos emprendedores da III edición do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’

Seleccionados os seis proxectos emprendedores da III edición do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’

O xurado do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ seleccionou seis proxectos emprendedores de innovación social para formar parte da terceira edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica  (IGAPE).