Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

18/07/2023
O obxectivo da sesión é presenta-los conceptos de IA preditiva e xemelgos dixitais e como poden ser aplicados en distintos ámbitos industriais. Explicaranse os beneficios destas tecnoloxías, como funcionan e como poden ser utilizadas para mellorar a eficiencia dos procesos e reducir custos; así como as súas limitacións á hora de aplicalas no mundo real.
21/06/2023
As VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridad (JNIC) celebraranse no a Sede Afundación de Vigo entre os días 21 e 23 de xuño de 2023.
14/06/2023
O obxectivo da sesión é mostrar como é posible xestionar a fabricación nunha empresa de modo dixital a través do ERP Odoo.
13/06/2023
O nodo ciber.gal organiza para o vindeiro 13 de xuño na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense unha xornada sobre actualidade e tendencias en ciberseguridade.
06/06/2023
Desde un punto de vista principalmente práctico e empresarial, o obxectivo da sesión é dar a coñecer en que consiste a visión artificial (VAI) ou procesado de imaxe; ofrecendo unha visión actual das principais tecnoloxías utilizadas. Unha vez introducido este campo dentro da Intelixencia Artificial, veremos como estas tecnoloxías son aplicables a distintos sectores (industrial, territorio, xestión de auga, saúde,…) e apoian a dixitalización e a transformación dixital das empresas en calquera ámbito, mellorando a súa produtividade e competitividade.
31/05/2023
O obxectivo da sesión é por a disposición das empresas de aloxamento un sistema que permita comparar os datos de ocupación con respecto ao destino ou empresas similares no destino, os prezos, evolución, etc. Así redúcese o risco na toma de decisións empresariais e increméntase a rendibilidade dos establecementos.
26/05/2023
O IoT está cada día máis presente na nosa vida, tanto no ámbito profesional, como no noso día a día. Pero, que maxia tecnolóxica hai detrás desta tendencia? Presentámosche unha tecnoloxía crave para os despregamentos masivos de IoT aplicable a diferentes casos de uso. Introdución teórica e contextual xunto a práctica hands-on.
25/05/2023
Pinchos & Datos é unha iniciativa de DXC Technology dentro do programa Digitalent da AMTEGA. No evento, catro relatores ofrecerán charlas breves sobre temáticas dixitais de actualidade. As charlas tratan sobre tecnoloxía de datos, Intelixencia artificial, aprendizaxe automática e Big Data. O evento busca achegar as novas tendencias tecnolóxicas ao público xeral nun formato distendido, gozando de pinchos mentres se escoitan as charlas. Tras as charlas, haberá unha mesa redonda para preguntas e ideas.
16/05/2023
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) convídate ao xornada virtual en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2023 coa participación de PuntoGal e Enxeñería sen Fronteiras, que terá lugar o vindeiro 16 de maio ás 12.30 horas. Consistirá nun debate no que os participantes tratarán cuestións como a achega da tecnoloxía para o ben común, a contribución das TIC ao desenvolvemento dos países e a dixitalización nas diversas comunidades humanas.
10/05/2023
O obxectivo da sesión é deseñar unha estratexia de marketing do teu negocio

Páxinas