![]() |
Estratexia Galicia Dixital 2030 |
Configurando o futuro dixital A Estratexia Galicia Dixital 2030 é unha estratexia deseñada polo Goberno galego para Galicia como un marco dixital común que facilite a actuación das tres administracións nun mesmo territorio de maneira complementaria, buscando as sinerxías e a suma de esforzos para consolidar a transición dixital da Comunidade. Para iso, tomando como base os logros acadados no ámbito dixital en Galicia nos últimos anos e o novo contexto social, económico e tecnolóxico, defínense os seguintes elementos que conforman os cimentos fundamentais da Estratexia:
A EGD2030 conta cun investimento público de máis de 2.450M€, incluíndo os novos instrumentos de financiamento da Unión Europea (Next Generation EU e Marco Financeiro Plurianual 2021-2027), e prevé mobilizar máis de 1.600M€ de capital privado. Un total de máis de 4.000M€ que supón o maior investimento en materia dixital da historia de Galicia.
|