A aposta de Galicia polo 5G sitúa a comunidade á vangarda desta tecnoloxía, unha das protagonistas da Mobile World Congress 2022

Martes 01 de Marzo de 2022

A aposta de Galicia polo 5G sitúa a comunidade á vangarda desta tecnoloxía, unha das protagonistas da Mobile World Congress 2022

• A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica visitou hoxe os stands dos operadores Vodafone e Orange na MWC Barcelona 2022, nos que destacan as aplicacións do 5G en diferentes ámbitos
•O 70% das probas desenvolvidas en Galicia con esta tecnoloxía están terminadas ou na súa recta final e abranguen ámbitos como a saúde, o turismo, a automoción, as emerxencias, o naval ou a industria 4.0
•O seguinte paso será avaliar os resultados obtidos nestes pilotos para ver as posibilidades de incorporalos á dinámica dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos
•Galicia foi a primeira comunidade do Estado en poñer en marcha un plan para situarse como territorio preferente no pilotaxe servizos innovadores con esta tecnoloxía


Galicia foi a primeira comunidade en poñer en marcha un plan para facilitar a extensión do 5G. O recordaba esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, durante a súa visita aos stands dos operadores Vodafone e Orange na Mobile World Congress Barcelona 2022. Ambos operadores destacan estes días na MWC as posibilidades do 5G en ámbitos como turismo a ou a xestión do tráfico, un aspecto clave das smart cities.

Consciente da importancia desta tecnoloxía de redes sen fíos de quinta xeración, Galicia quixo converterse desde o primeiro momento nun territorio facilitador da súa extensión e implantación. 

A posta en marcha do Plan Galicia 5G permitiu á comunidade contar cun e posicionamento contribuíu o Ministerio de Economía e Transformación Dixital concedese dúas subvencións ás propostas presentadas por Telefónica e Orange realizar pilotos 5 G en Galicia. Estas iniciativas, sumadas ás impulsadas polo  Nodo do Plan Galicia 5 G, desde a Xunta, no que participan estes operadores xunto con Vodafone, suman 30 casos de uso 5 G por un importe de 22 millóns de euros. 
A día de hoxe o 70% destes casos de uso están completados e o resto na recta final. Son usos innovadores desta tecnoloxía aplicados ámbitos  como a atención sanitaria, a educación, na xestión de incendios, a industria, na automoción no audiovisual ou o turismo, entre outros.

O seguinte paso será a avaliación destes 30 casos de uso para ver as posibilidades de incorporalos á dinámica dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos.

Galicia, territorio 5G
En Galicia conformouse un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores por Galicia para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que permitiu, por exemplo, que formamos o territorio escollido para  a primeira conexión 5G en roaming a nivel mundial ou que Vigo e A Coruña foron das primeiras cidades de España en contar con redes 5G.

A Administración autonómica fixo unha forte aposta para que Galicia aproveite as posibilidades do 5G porque esta é a tecnoloxía sen fíos do futuro, que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e polo tanto é unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio como o noso caracterizado pola dispersión e a complexidade orográfica. Neste sentido, cómpre lembrar o compromiso do Estado, de acordo coas liñas establecidas pola UE, de lograr que en 2025 o 100% da poboación teña acceso a unha conexión de 100Mbps.