Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Xa se coñecen os finalistas do concurso Ciberseguridade no cole!, que terá lugar o día 10 de novembro na Cidade da Cultura

• As catro provincias galegas terán representación na gran final do concurso
• A participación no concurso foi moi elevada, coa presencia de 38 colexios e 67 equipos na primeira fase virtual do pasado 4 de novembro
• O prazo para inscribirse ao resto de actividades do encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal remata mañá ás 12:00h
• Na fase clasificatoria do concurso participaron máis de 1.500 nenos e nenas.

O Concurso Ciberseguridade no cole! celebrou o día 4 de novembro a primeira das súas dúas fases, unha competición en liña que contou cunha alta taxa de inscrición, xa que participaron un total de 67 equipos entre as dúas categorías, correspondéndose con 42 equipos de primaria e 25 de secundaria, pertencentes a 38 colexios, 23 de educación primaria e 15 de educación secundaria. 
 
Os finalistas para a gran final que terá lugar o día 10 de novembro na Cidade da Cultura son a clase 6ºB do CEIP Plurilingüe San Marcos, a clase 6º A do CEIP San Martiño e a clase 6º B do CEP Altamira, na categoría de primaria e a clase 2º B do Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, a clase de 2º do IES de Arzúa e a clase 2ºB do IES Martaguisela, na categoría de secundaria. Esta actividade, promovida por Telefónica, enmárcase dentro do encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal. 
 
Os organizadores afirmaron verse sorprendidos polo alto nivel demostrado polos participantes, especialmente o dos colexios de primaria, e tamén pola entrega coa que participaron no evento o profesorado e os alumnos, rematando a competición de forma deportiva e sana, entendendo que a ciberseguridade é cousa de todos e emprazándose a volver a verse na seguinte edición do concurso. 
 
Lembrar que, no marco do encontro Ciber.gal, ademais do Concurso Ciberseguridade no cole!, que se celebrará o día 10 de novembro as 16:00 da tarde, de seguido terán lugar o taller Navegando con rumbo polo ciberespazo, impartido polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia e o taller Ciberseguridade para as familias: mediación parental activa, impartido por  Fernando Villar – Formador da Garda Civil. Para todas as actividades relacionadas co encontro cabe destacar que a data límite para a inscrición é o Martes, 9 de novembro as 12:00 da mañá. Para consultar en detalle o resto de actividades, podedes acceder ao programa aquí.
 
Nodo Ciber.gal
O encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal é unha das iniciativas promovidas e organizadas no marco do nodo galego de ciberseguridade, que foi constituído en xullo de 2020, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), as catro deputacións provinciais de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Dende a súa creación fóronse adherindo a este espazo de cooperación público-privado mais de 30 entidades de diversos sectores, así como as tres universidades galegas. 
 
A ciberseguridade e unha das tecnoloxías máis relevantes no momento actual e a Estratexia Galicia Dixital 2030 considera prioritario o seu impulso na Comunidade, nesa liña póñense en marcha iniciativas como o encontro galego de ciberseguridade, que ten como obxectivo principal concienciar á cidadanía, ao tecido empresarial e ás Administracións Públicas sobre a importancia  de garantir a seguridade da información na contorna dixital e promover o coñecemento e unha cultura da ciberseguridade en Galicia.  
Na seguinte ligazón pode obterse información mais detallada do programa: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/evento-cibergal