Plan de Banda Larga 2020

Plan de Banda Larga 2020

O Plan de Banda Larga 2020, aprobado o día 1 de outubro de 2015 en Consello de Xunta, asume os obxectivos establecido na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga de máis de 100Mbps.

Proxecto Abalar

O Plan Abalar, liderado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sostén a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención do Executivo galego.

O Proxecto Abalar persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización.

A Xunta pon en marcha o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC

O Plan Smart Turismo, enmarcado no Plan Integral de Turismo 2014-2010, aliña a tecnoloxía cos obxectivos estratéxicos da Administración autonómica para evolucionar cara un sector turístico máis competitivo, participativo e innovador.