Documentación relacionada
Documentación Mapa Demanda Temperá - Inspeccións Intelixentes Avanzadas
Documentación Mapa Demanda Temperá - Inspeccións Intelixentes Avanzadas
O Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 busca culminar o traballo realizado nos últimos anos en materia de administración electrónica e conseguir unha Administración que funcione integramente de xeito dixital, como esixen as leis 30/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e 40/2015 de réxime xurídico do sector público, que entraron en vigor o 1 de outubro de 2016.
Unha vez completado, o Plan permitirá un aforro estimado de 31,4 millóns de euros á sociedade e de 10,2 millóns no funcionamento interno da Administración.
As subvencións e axudas supoñen un instrumento esencial para a aplicación das políticas económicas e sociais. En consonancia con esa relevancia, a lexislación esixe tamén deste eido un elevado nivel de transparencia. Galicia incorporou esixencias fundamentais de publicidade destes procedementos a través da súa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións, información que o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, se substanciará unha consulta pública, a través deste apartado do Portal con obxecto de solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos son uns fondos que funcionan de modo conxunto a fin de apoiar a cohesión económica, social e territorial e alcanzar os obxectivos da Estratexia Europa 2020 da Unión Europea (UE) para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.
As empresas destes recintos poden acceder tamén a servizos de valor engadido para facilitar a súa transformación dixital
O operador R, adxudicatario desta primeira actuación do Plan impulsado pola Amtega, xa activou este servizo noutras 14 superficies empresariais da provincia
Ao longo deste ano facilitarase o acceso a redes ultrarrápidas a outros 3 polígonos máis da provincia
O Programa Primare integra solucións tecnolóxicas innovadoras para os sectores tradicionais da economía galega |
|
A transformación da aula tradicional en dixital |
|
O crecente uso masivo das tecnoloxías da información en todos os ámbitos da sociedade, así como a interconexión dos sistemas, xerou novos riscos e vulnerabilidades en todas as organizacións que, presionadas polo crecente número de ameazas, ven como se poñen en perigo os seus activos. Os ataques foron gañando en complexidade, sendo cada vez máis difícil a súa resolución, obrigando ás organizacións para realizar un esforzo adicional en preservar a seguridade dos seus sistemas de información a través da mellora das súas medidas preventivas así como a súa capacidade de resposta.