Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

16/07/2019
NUBIA é unha potente ferramenta de produtividade ideada para facilitar a xestión de tarefas e o control de calidade dunha empresa, optimizando o rendemento e os recursos.
12/07/2019
O obxectivo da sesión é informar a responsables de empresas e ás persoas traballadoras no só da fichaxe das entradas e as saídas no seu posto de traballo, senón da fichaxe a distancia (teletraballo), así como de comerciais e persoal temporal e tamén para o caso de xornadas especiais de transportistas por estrada, mariña mercante, aviación e ferroviarios.
11/07/2019
O obxectivo da sesión é ofrecer unha panorámica sobre as accións que deben de levar a cabo as persoas emprendedoras e as pemes á hora de afrontar a política de comunicación do seu negocio ou empresa.
10/07/2019
A plataforma presentada facilita a organización, de forma centralizada e en tempo real, de toda a información relevante da empresa, para poder así tomar decisións baseadas en datos e non en elucubracións.
07/07/2019
Maker Faire é a maior feira de inventores/as do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para tódolos públicos e disciplinas, como gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.; un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.
02/07/2019
A captura e o procesado de datos fiables e representativos do consumo enerxético das instalacións é un paso indispensable para avaliar a súa eficiencia actual e avaliar as posibilidades de mellora do seu rendemento.
21/06/2019
A xornada ten por obxectivo realizar unha aproximación ao problema, presentar as principais teorías éticas inherentes aos principios profesionais, analizar os problemas fundamentais que debe confrontar unha ética dos datos e finalmente tentar establecer uns puntos de decisión que nos permitan aliñar os valores coas decisións e as accións.
21/06/2019
O obxectivo da sesión é falar da nova lei de control horario dos traballadores, das súas implicacións en pemes e das solucións que a tecnoloxía proporciona para cumprila.
20/06/2019
A xornada ten por obxectivo coñecer as diferenzas entre o software libre e o propietario, entender as claves das licenzas libres e descubrir as posibilidades existentes de software libre para todo tipo de dispositivos e funcións.
14/06/2019
Nesta sesión búscase que medre a inquietude por innovar e xerar un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as diferentes xeracións e sectores profesionais

Páxinas