Mércores 07 de Outubro de 2026
XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos – Xornada de Ciberseguridade
Lugar
Cidade da Cultura de Galicia – Sala Eisenman, Santiago de Compostela
Tipo de evento
Acto
Temática vinculada
Ciberseguridade
Modalidade
Presencial
A xornada de ciberseguridade do XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos abordará os principais retos e oportunidades da ciberseguridade para empresas e institucións, con especial atención á Directiva NIS2, ás pemes e á ciberseguridade como factor de competitividade.
Os laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia participarán na xornada mediante a mesa redonda sobre ciberseguridade e a realización de visitas ás súas instalacións.
Axenda:
- 10:45 – 11:15 h | Charla de ciberseguridade: Transposición NIS2 - Carla Zibreira, Lynx Sentry
- 11:15 – 11:45 h | Pausa café
- 12:15 – 13:00 h | Mesa redonda sobre Ciberseguridade
Modera: Norberto Penedo, Director de Competitividade do IGAPE
- Iago Fortes, CEO de Inprosec
- María Rodríguez, Directora de Estratexia de Telefónica
- Luis Valente, SONAE MC
- Luis Antunes, Universidade do Porto
- 13:00 – 13:15 h | Presentación do organizador do XX Encontro Ibérico
- 13:15 – 13:30 h | Clausura
- 13:30 h | Viño galego
Máis información, programa e inscricións: ligazón á páxina oficial da APTE.
Mércores 07 de Outubro de 2026