Veri*factu 2027: a conta atrás para o comercio e a hostalaría galega

Martes 22 de Setembro de 2026

Veri*factu 2027: a conta atrás para o comercio e a hostalaría galega

Lugar
Centro GaiásTech
Tipo de evento
Acto
Temática vinculada
Ecosistema dixital de Galicia
Modalidade
Presencial

Abinco Dixital, S.L. organiza unha xornada de alcance galego dirixida ao comercio, á hostalaría e aos despachos profesionais, co obxectivo de preparar as empresas ante a chegada de Veri*factu e abordar, desde unha perspectiva práctica, o impacto que terá nas súas actividades.

A xornada coincide ademais coa conmemoración do 25 aniversario de Abinco, empresa galega especializada en solucións tecnolóxicas para o comercio, a hostalaría e a industria.

Programa

  • 16:30 h — Recepción e café de benvida
  • 17:00 h — Benvida e presentación de Abinco: 25 anos acompañando a dixitalización do comercio e a hostalaría
  • 17:15 h — Claves prácticas de Veri*factu
  • 17:45 h — Impacto de Veri*factu no comercio e na hostalaría
  • 18:15 h — Demostración de HioPOS
  • 18:35 h — Caso de éxito no sector da hostalaría
  • 19:00 h — Mesa redonda e quenda de preguntas
  • 19:30 h — Café e networking

Sobre Abinco

Abinco é unha empresa galega con máis de 25 anos de experiencia na implantación de solucións tecnolóxicas para os sectores do comercio, a hostalaría e a industria.

Está especializada en software de xestión e solucións TPV e combina a experiencia e a proximidade cos seus clientes cunha visión innovadora, orientada á transformación dixital e á mellora da competitividade empresarial.

Para quen?

Comercios, empresas de hostalaría, asesorías, xestorías, despachos profesionais e persoas responsables da xestión administrativa e fiscal de pemes que deban adaptarse ao sistema Veri*factu.

Inscrición

Inscríbete na xornada

Martes 22 de Setembro de 2026