![]() |
Proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 |
Ao longo da historia, os avances tecnolóxicos aumentaron a eficiencia dos medios para producir, mudaron a forma de consumir e diminuíron barreiras de espazo e tempo. Ningún destes avances tivo a capacidade transformadora das tecnoloxías dixitais; a transformación dixital xa non consiste en adaptarse aos cambios, senón en xerar o cambio aproveitando o potencial da tecnoloxía. O cambio deixa de ter carácter conxuntural para converterse nun factor estrutural, incorporando unha importante compoñente humana:
Neste contexto, xurde o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 co obxectivo de establecer unha estratexia dixital única para Galicia, da que sexan participes a cidadanía, as empresas e as administracións, co fin último de contribuír ao aumento da calidade de vida e ao desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: económica, social e medioambiental.
|