Plans

Formulario de busca

Fondos

PlansPlans

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O plan de Software libre 2013 da Xunta está dirixido a impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (FLOSS) no sector empresarial na sociedade en xeral e na Administración.

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta conta cun investimento de 915.000 euros para o desenvolvemento de 120 actuacións dirixidas a impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (Floss) no sector empresarial, na sociedade en xeral e na Administración. O Plan desenvólvese en colaboración coas asociacións galegas de usuarios de software libre (AGUSL), das empresas do sector (AGASOL), coa Comisión Interuniversitaria de Galicia (que integra as tres universidades) e do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

O balance do plan de acción 2011, no que poderá comprobarse que non só se levaron a cabo as actuacións previstas con excelentes resultados, nun escenario de crise como o actual, senón que grazas á labor de coordinación que está a realizar a Oficina de Coordinación FLOSS e ao estímulo mutuo cos diversos axentes, estase conseguindo un incremento da eficiencia da inversión e un maior retorno de ditas accións, como pode demostrar a evolución dos principais indicadores de uso de software libre dende o ano 2008, destacando un incremento de 30 puntos porcentuais no uso do Software Libre nas pemes...

Presentación que recolle o balance da Rede CeMIT durante o ano 2011 e os obxectivos da rede para o 2012 con unha serie de cambios cuantitativos e cualitativos nos contidos e a estrutura do Plan de formación, dando resposta ás necesidades detectadas no día a día nas distintas aulas.

Páxinas