Plans

Formulario de busca

Fondos

Plan Senda 2020Plan Senda 2020

Formulario de busca

cierra cierra

Plan Senda 2020, resumo executivo

O Plan Senda 2014 supuxo un cambio substancial no tocante á modernización da administración de xustiza e no achegamento á cidadanía. Durante estes catro anos, lográronse avances que fan posible a definición e execución de moitas das iniciativas deste novo Plan Senda 2020 desde o punto de vista organizativo, funcional e tecnolóxico.

A misión e visión estratéxica do novo Plan defínense sobre a premisa de que o futuro da transformación da Xustiza virá marcado polo avance na posta en marcha da Administración Xudicial Electrónica.

Este novo plan apóiase en 3 eixos estratéxicos:

  • Xustiza centrada nas persoas: Orientar as actuacións ás necesidades e intereses da cidadanía, como receptor dos servizos da Administración de Xustiza, pero tamén ao empregado público, facilitándolle os medios para optimizar o seu desempeño.
  • A eficiencia dunha administración dixital: Potenciar as vantaxes que ofrecen as ferramentas dixitais para xerar eficiencia e proximidade na Administración de Xustiza.
  • Unha administración confiable e sustentable: Abordar a necesidade de medios e infraestruturas, así como garantir a seguridade de acceso e uso de todos os servizos.

O desenvolvemento do plan apoiase nunha serie de instrumentos para o cambio que acompañan de inicio a fin cada iniciativa que se poña en marcha. O proceso global de xestión do cambio defínese en liña co plan estratéxico para impulsar a transformación da Administración de Xustiza asegurando o cumprimento dos obxectivos, a implicación e capacitación dos usuarios, e a prestación de servizos de soporte técnico e funcional de calidade.