Enredando Tour, a iniciativa da Amtega e Cruz Vermella, analizada como metodoloxía para a adquisición de competencias dixitais
No marco do proxecto de investigación D-Inclusión, a Universidade de Huelva impulsa a análise de experiencias formativas dirixidas a persoas maiores, co fin de avanzar na súa inclusión dixital. O proxecto ten como obxectivo identificar e validar metodoloxías pedagóxicas innovadoras que faciliten a adquisición de competencias dixitais esenciais, promovendo a autonomía, o benestar e a participación activa deste colectivo na sociedade dixital.
Na primeira fase, e en colaboración con Cruz Roja de Andalucía e a Asociación Somos Dixital, iniciáronse os primeiros estudos de caso en distintas rexións do país, seleccionadas pola súa diversidade territorial e social.
O primeiro estudo de caso tivo lugar o pasado 13 de xuño no Punto Vuela da barriada El Rocío, en Isla Cristina, co taller titulado “Intelixencia Artificial (IA) para maiores de 55 anos”. A sesión introduciu ás persoas maiores participantes no uso da IA CARINA, nunha contorna accesible e adaptada ás súas capacidades e intereses.
Enredando Tour
O segundo estudo de caso centrouse na iniciativa Enredando Tour, unha experiencia itinerante impulsada por Cruz Vermella e AMTEGA, celebrada os días 16 e 17 de xuño en Tordoia e Cabana de Bergantiños.
Nesta iniciativa, unha furgoneta equipada con recursos tecnolóxicos ofreceu talleres prácticos sobre ciberseguridade, banca en liña, realidade virtual e asistentes de voz, guiados pola dinamizadora Noelia Iglesias, co apoio do voluntariado de Cruz Vermella.
Durante ambas as actividades, o equipo investigador da Universidad de Huelva recompilou datos crave para o desenvolvemento de propostas didácticas inclusivas.