A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan o acto de "10º Aniversario da Oficina de Concellos"

Martes 17 de Xuño de 2025

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan o acto de "10º Aniversario da Oficina de Concellos"

Será impartida por Javier Fernández Fraga, responsable técnico da Oficina Concellos.
A xornada terá lugar o vindeiro xoves día 19 de xuño ás 11:00 no Centro GaiásTech na Cidade da Cultura.
O evento está orientado ás entidades locais e a outros axentes do sector.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de xuño o acto “10º Aniversario da Oficina Concellos”, que forma parte do programa de actividades de divulgación e asesoramento á sociedade en xeral, e en especial aos axentes implicados no ámbito regulatorio das telecomunicacións.

A charla terá lugar o próximo xoves, 19 de xuño ás 11:00 h. no GaiásTech na Cidade da Cultura e será
impartida polo responsable técnico da Oficina Concellos, Javier Fernández Fraga e contará coa colaboración do
director da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Miguel
Rodríguez Quelle.

O acto centrarase nos principais fitos acadados pola Oficina Concellos ao longo da última década , así como
na presentación dos aspectos máis salientables do novo regulamento (UE) 2024/1309 da infraestrutura
Gigabit sobre as entidades locais.

Destinatarios e inscricións
A xornada está orientada ás entidades locais e a outros axentes do sector.
As confirmacións de inscrición realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo. O acto é de
carácter presencial con aforo limitado e realizarase tamén retransmisión vía streaming. A inscrición debe
realizarse a través da seguinte ligazón:
https://bit.ly/10AniOfiCon

Servizo de asesoramento a concellos
Esta conferencia nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do
convenio firmado coa Axencia autonómica.

A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións
técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de
axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou
ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal