Plan de acción 2022

Plan de acción 2022

Plan de acción 2022

 

O presente plan de acción ten por obxecto regular a actividade da Amtega durante o exercicio 2022 mediante o establecemento das actividades a desenvolver, os valores a acadar e os responsables de levalas a cabo no marco de cada un dos obxectivos estratéxicos do contrato plurianual de xestión que regula o seu funcionamento.

A Axencia articula a súa actividade en torno á consecución de 7 obxectivos estratéxicos que perseguen modernizar a administración e o modelo de interacción co cidadán, o fomento e capacitación no uso das novas tecnoloxías por parte da sociedade e o tecido produtivo, así como o desenvolvemento do sector TIC, posibilitando para elo as infraestruturas e o modelo de cooperación entre axentes necesario para conseguilo.

A partir das competencias e funcións da Axencia, en consonancia co establecido na Axenda Dixital de Galicia, e de conformidade co establecido no contrato plurianual de xestión desta axencia pública autonómica, establécense 7 obxectivos estratéxicos:

  1. Impulsar un goberno e administración intelixente
  2. Promover os servizos públicos dixitais
  3. Garantir a dispoñibilidade e seguridade dos servizos públicos dixitais
  4. Fomentar a adquisición de competencias dixitais
  5. Impulsar a economía dixital para acadar un territorio intelixente
  6. Favorecer o crecemento do ecosistema dixital
  7. Medidas instrumentais e de eficiencia

Pódese consultar o documento completo do plan de acción no seguinte documento:

Plan de acción 2022