Xemelgo Dixital de Galicia
Este proxecto enmárcase dentro do programa RETECH (Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica), impulsado polo Ministerio para a Transformación Dixital, cuxo fin é a coordinación de proxectos de transformación dixital para a cohesión social e equilibrio territorial.
Nado da cogobernanza, RETECH responde as propostas das Comunidades Autónomas. Tras un proceso de diálogo aberto coas rexións, identificáronse aproximadamente 90 proxectos de carácter estratéxico con alto impacto económico tanto a nivel rexional como estatal e que, ademais de contar cun forte efecto tractor, contribuirán á consecución dos fitos e obxectivos asociados aos diferentes compoñentes do Plan de Recuperación.
O Xemelgo Dixital de Galicia desenvólvese dentro da iniciativa colaborativa aprobada polo RETECH “Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais”, liderado pola Rioxa e no que participa a Comunidade Foral de Navarra, Castela-A Mancha e Estremadura, ademais de Galicia.
O proxecto colaborativo que a contorna empresarial desenvolva infraestruturas dixitais abertas, reutilizables e autónomas para mellorar a eficiencia e xestión de servizos territoriais, aumentando así a resiliencia ao cambio climático.
QUE É UN XEMELGO DIXITAL?
Un xemelgo dixital é unha réplica virtual dun obxecto, sistema ou proceso, que abarca o seu ciclo de vida completo e mantense actualizado mediante datos en tempo real obtidos a partir de sensores. Este modelo dixital emprega tecnoloxías como a simulación, dispositivos IoT, aprendizaxe automática e razoamento para apoiar a toma de decisións.
PLATAFORMA TERRITORIO INTELIXENTE - XEMELGO DIXITAL DE GALICIA
No marco do Plan Galicia Territorio Intelixente, aprobado polo Consello de Goberno da Xunta o 21 de xullo de 2022, está a impulsarse a creación da Plataforma Galicia Territorio Intelixente, unha infraestrutura tecnolóxica que reunirá información e servizos xeoespaciais para a xestión do territorio e sobre a que se desenvolverá o proxecto Xemelgo Dixital de Galicia. Esta plataforma, que será unha peza clave para a planificación de políticas públicas e o desenvolvemento de servizos intelixentes, permitirá a recompilación automática de datos sobre o territorio para o seu posterior procesamento e análise, co obxectivo de simular tendencias e posibles impactos das accións na contorna, apoiando así a toma de decisión.
Sobre a Plataforma, a modo de proxectos piloto, desenvolveranse tres xemelgos dixitais no ámbito da agricultura, a ordenación do solo industrial e a xestión de infraestruturas rurais, que contribuirán a unha optimización na xestión e a sustentabilidade destes sectores.
![]() |
![]() |
![]() |
| Creación dun mapa industrial de Galicia que centraliza e permite visualizar e analizar datos clave (solo, infraestruturas, áreas industriais), facilitando a monitorización, a planificación e a toma de decisións para un desenvolvemento industrial ordenado. | Piloto de xestión de explotacións gandeiras mediante un xemelgo dixital que integra e analiza datos (sensores e GPS) para mellorar a eficiencia, monitorizar o impacto ambiental e optimizar a planificación e control das explotacións. | Piloto de xemelgo dixital para o control de pragas que integra datos do territorio para mellorar a toma de decisións, optimizando a xestión do castiñeiro e o control da vespa velutina mediante a planificación e priorización de actuacións. |


