Subcomisión de Presenza Web e Goberno Aberto
Composición do órgano colexiado
a) A persoa que posúa a titularidade da área con competencias en modernización tecnolóxica na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a presidencia.
b) A persoa que posúa a titularidade do departamento encargado do desenvolvemento da administración electrónica na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a vicepresidencia.
c) A persoa que posúa a titularidade do órgano de dirección con competencias en materia de medios de comunicación da Administración xeral de Galicia ou persoa en quen delegue.
d) A persoa que posúa a titularidade do órgano de dirección con competencias en materia de promoción da lingua galega ou persoa en quen delegue.
e) A persoa que posúa a titularidade do órgano de dirección con competencias en avaliación e reforma da Administración xeral de Galicia ou persoa en quen delegue.
f) A persoa que posúa a titularidade do órgano de dirección con competencias en materia de igualdade ou persoa en quen delegue.
g) Unha persoa en representación da secretaría xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, de cada unha das secretarías xerais técnicas das consellerías e da vicepresidencia ou vicepresidencias, de existiren estas, nomeada pola persoa que posúa a súa titularidade.
A secretaría da Subcomisión corresponderá a unha persoa empregada pública ao servizo da entidade con competencias en materia de modernización tecnolóxica.
Normativa de referencia: