Portasinaturas

Portasinaturas

O Portasinaturas é unha aplicación que proporciona a funcionalidade necesaria para poder asinar masivamente lotes de documentos de xeito telemático e seguro. Esta solución, pensada para ser empregada por usuarios e outras aplicacións, permite asinar directamente documentos electrónicos ou solicitar a sinatura de documentos tanto a un como a varios asinantes ao mesmo tempo.

O Portasinaturas posibilita o control do fluxo da sinatura de documentos dun xeito centralizado, eficiente, seguro e confidencial, minimizando o tempo de espera do solicitante, eliminando o risco de extravío de solicitudes e anulando o uso de papel.

Algunhas das vantaxes funcionais que introduce o Portasinaturas son:

Acceso directo ás tarefas prioritarias nun só clic dende a xanela de benvida.
Envío a múltiples asinantes establecendo unha orde de sinatura.
Solicitude, consulta, sinatura e rexeitamento de sinaturas de xeito rápido e doado.
Vista do estado de cada sinatura, que permite coñecer en tempo real a etapa na que se atopa.
Posibilidade de xestión por bloques, realizando varias tramitacións nun so proceso.

O ciclo seguido pola documentación enviada en Portasinaturas é o seguinte:

Exemplos de documentos que poden asinarse co Portasinaturas son: informes ad hoc que elabore cada unidade administrativa, lotes de comunicación ao administrado, requirimentos de corrección, resolucións, comunicacións específicas, pregos de cláusulas técnicas e administrativas ou informes de valoración.