Sanidade pon á disposición da cidadanía un total de 15 servizos públicos en liña a través da súa páxina web
O portal ofrece un amplo catálogo de servizos, entre os que se inclúe o cambio de médico ou trámites de tarxeta sanitaria, así o pasado ano solicitáronse unas 5.925 tarxetas sanitarias e realizáronse 2.866 cambios de médico
A Consellería de Sanidade considera que o desenvolvemento da administración electrónica é un elemento fundamental para a modernización do funcionamento do sistema sanitario
A posta a disposición das novas tecnoloxías ao servizo da cidadanía enmárcase na Estratexia Sergas 2014, que sitúa ao paciente como eixe do sistema sanitario
A Consellería de Sanidade pon actualmente a disposición da cidadanía galega un total de 15 servizos públicos sanitarios en liña para o cidadán. O obxectivo é ofrecer máis información á cidadanía e facilitar o acceso á información e ás prestacións ofrecidas polo Servizo Galego de Saúde de modo electrónico, así ao remate do 2008 había dez servizos dispoñibles, e a finais do pasado ano un total de 14 servizos.
A petición de citas de Atención Primaria a través de internet é o servizo máis consolidado e cada día son máis os cidadáns galegos que empregan esta ferramenta. En concreto, un total do 96,9% dos centros de Atención Primaria (é dicir, o 99,9% dos cidadáns galegos) dispoñen do servizos de citación por internet. Tamén o 76% dos centros de Atención Primaria poden citar telematicamente para Atención Especializada. Os cidadáns tamén poden, a través da páxina web, consultar a información persoal de citas para probas e consultas cos especialistas nos hospitais do Servizo Galego de Saúde. En detalle, pódese consultar tanto as citas con data e hora confirmada, como as citas rexistradas pendentes de data e hora.
A petición de cita previa médica para acudir ao centro de saúde iniciouse en novembro de 2001. Con esta iniciativa, pioneira en España, a Consellería de Sanidade perseguía o obxectivo de facilitar aos cidadáns as interacción e relacións coa Administración sanitaria. Este servizo compleméntase con outros servizos de acceso individualizado dos pacientes como consulta da súa situación persoal na lista de espera cirúrxica.
O acceso á información individual dos pacientes é controlado mediante o uso dun certificado dixital que proporciona a garantía da identidade do usuario que accede. A canle de comunicación entre o servidor e o equipo que fai a consulta está tamén encriptado para asegurar a confidencialidade dos datos.
|
SERVIZO
|
INICIO
|
2009
|
2010
|
|
% citas previas en AP |
1%
|
6,4%
|
7,4%
|
|
% cidadáns que fan uso cita previa por internet |
1%
|
16,48%
|
18,45%
|
|
Nº citas AP concertadas telemáticamente para AE |
347.807
|
582.921
|
576.040
|
|
Nª centros de saúde que poden citar telematicamente para AE |
199
|
343
|
365
|
|
Nº accesos á consulta individualizada de listas de espera |
-
|
6.802
|
14.935
|
Outros servizos en +Cidadanía
A través da páxina www.sergas.es ofrécese un amplo catálogo de servizos. A Consellería de Sanidade renovou e actualizou a páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) co obxectivo de que sexa máis intuitivo e sinxelo de utilizar para os cidadáns e para incluír diversas melloras técnicas no espazo audiovisual. Dende o Servizo Galego de Saúde considérase que o desenvolvemento da Administración electrónica é un elemento fundamental para a modernización do funcionamento do sistema sanitario.
Así, toda a información relacionada e relevante para os pacientes está agrupada no Espazo +Cidadanía. A través deste espazo, ubicado na páxina www.sergas.es están dispoñibles para a súa realización os trámites mencionados anteriormente e tamén outros como a solicitude da tarxeta sanitaria a través de internet, así o pasado ano solicitáronse unas 5.925 tarxetas e realizáronse 2.866 cambios de médico.
Tamén se solicitaron un total de 587 tarxetas de doadores a través da web, recibíronse 1.376 peticións de subscrición ao servizo de alertas, tramitáronse durante o 2010 un total de 6.945 reclamación e suxestións dos usuarios do Sistema Sanitario Galego, e constan un total de 862 documentos de instrucións previas inscritos no Rexistro Galego de Instrucións Previas.
Con respecto da Historia Clínica Electrónica, os cidadáns poden consultar os informes de alta de hospitalización e tamén o seu historial farmacoterapéutico, en concreto, o histórico de dispensacións, as follas de medicación activa, e o plan de dispensacións.
Ademais, a cidadanía ten a disposición outros servizos neste espazo como a solicitude de recordatorio de citas por SMS, a posibilidade de participar na Escola Galega de Saúde para cidadáns, ou acceso a información específica como os indicadores para a cidadanía así como buscadores e información de centros e infraestruturas hospitalarias.
Plan de Tecnoloxías da Información na Estratexia Sergas 2014
A Consellería de Sanidade é consciente da importancia crecente da tecnoloxía no sector sanitario, tanto dende o punto de vista asistencial como dende o do seu impacto económico nos orzamentos do Servizo Galego de Saúde e no custe sanitario. As TIC permiten a solución de problemas complexos de xeito áxil e seguro, e facilitan tanto as cidadáns, como aos profesionais e ás empresas a interrelación co sistema sanitarios, compartindo coñecementos e salvando barreiras xeográficas.
Polo tanto, mantén o seu firme compromiso de modernizar o sistema sanitario, e que os profesionais dispoñan dos mellores instrumentos para facer posible unha prestación próxima e de calidade, no menor tempo posible. Este compromiso foi asumido no marco da Estratexia Sergas 2014 como prioritario na mellora da asistencia sanitaria pública galega.