O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia asiste a unha xornada sobre a creación dun ecosistema de IA en España
O director da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, asistiu hoxe en Madrid ao encontro Desafío Alia: Impulsando o ecosistema da IA en España, que reúne a profesionais, institucións e axentes do ecosistema dixital para reflexionar sobre como construír unha IA máis responsable, eficiente e sostible.
Galicia foi pioneira na aprobación dunha lei autonómica específica neste ámbito, establecendo un marco normativo avanzado para garantir un uso ético, seguro e responsable da IA na administración. Ademais, dentro da súa aposta polas tecnoloxías transformadoras, foi, tamén, unha das primeiras comunidades autónomas en contar cunha Estratexia propia de intelixencia artificial para impulsar o seu desenvolvemento no territorio.
A través desta folla de ruta, a Xunta impulsa unha estratexia integral orientada a promover a innovación, mellorar os servizos públicos e reforzar a competitividade do tecido económico galego, apoiándose no desenvolvemento de infraestruturas dixitais avanzadas
e no fomento do talento.