O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia asiste ao Gartner IT Symposium/Xpo™ 2025, no que se abordan as tendencias dixitais de futuro

Martes 11 de Novembro de 2025

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia asiste ao Gartner IT Symposium/Xpo™ 2025, no que se abordan as tendencias dixitais de futuro

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, asiste en Barcelona ao Gartner IT
Symposium/Xpo™ 2025, no que se abordan as tendencias tecnolóxicas que están a marcar o futuro da administración pública e os servizos dixitais
Este foro internacional, que reúne a máis de 6.500 CIOs e executivos de TI de todo o mundo ata o 13 de novembro, analiza os retos da intelixencia artificial, a ciberseguridade, as tecnoloxías emerxentes así como a planificación estratéxica da transformación dixital.
A asistencia a este encontro é unha oportunidade para coñecer de primeira man as estratexias máis innovadoras, identificar oportunidades de mellora para os servizos dixitais e reforzar o papel da Amtega como referente en modernización tecnolóxica dentro do sector público español.
As tecnoloxías de alto impacto que se abordan en encontro están no centro de Estratexia Galicia Dixital 2030 como pancas crave para impulsar a innovación, mellorar a eficiencia dos servizos públicos e garantir unha transformación dixital inclusiva e sostible. Estas tecnoloxías permiten abordar os grandes retos de Galicia, como a dispersión poboacional, o envellecemento demográfico e a necesidade de cohesión territorial, facilitando o acceso equitativo a servizos dixitais avanzados en todo o territorio.