A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha unhas xornadas para sensibilizar á cidadanía sobre o uso seguro de internet no Nadal

Luns 17 de Novembro de 2025

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha unhas xornadas para sensibilizar á cidadanía sobre o uso seguro de internet no Nadal

O ciclo “Prepárate para un Nadal ciberseguro” busca ofrecer solucións fáciles e prácticas para realizar compras online dun xeito seguro durante esta época estival
A inscrición pode realizarse desde o portal da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas que participan

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia o vindeiro 21 de novembro un novo ciclo de sesións
formativas en materia de ciberseguridade baixo o lema “Prepárate para un Nadal ciberseguro”.
Os obxectivos destas sesións son concienciar sobre os principais riscos de ciberseguridade durante o Nadal, ofrecer pautas sinxelas para realizar compras en liña seguras, axudar a identificar fraudes, estafas e trampas típicas destas datas e dar as claves para protexer xoguetes e dispositivos conectados que chegan como agasallo.
Celebraranse un total de 22 xornadas formativas en diferentes aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá e de tarde. Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e unha duración de 1,5 horas.


A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 93 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Calendario de charlas

Aula CeMIT

Data

Horario

Ribeira

21/11/2025

12:00-13:30

Vigo

24/11/2025

11:00-12:30

A Coruña

21/11/2025

11:00-12:30

Tui

03/12/2025

17:00-18:30

Pontevedra

05/12/2025

10:00-11:30

Vimianzo

24/11/2025

17:00-18:30

Cuntis

10/12/2025

16:00-17:30

Valga

18/11/2025

12:30-14:00

Leiro

12/12/2025

11:00-12:30

O Vicedo

20/11/2025

17:30-19:00

Celanova

19/12/2025

16:00-17:30

O Porriño

22/12/2025

11:00-12:30

San Sadurniño

01/12/2025

12:00-13:30

A Cañiza

16/01/2026

11:00-12:30

Abegondo

11/11/2025

11:30-13:00

Guitiriz

18/11/2025

10:15-11:45

Ortigueira

26/11/2025

10:30-12:00

A Bola

Pendente de confirmación


 

Ames

19/11/2025

09:00-10:30

Vilagarcía

25/11/2025

12:15-13:45

Fisterra

25/11/2025

10:30-12:00

Bande

Pendente de confirmación