Aberta a inscripción para a I Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade na Academia Galega de Seguridade Pública

Venres 10 de Marzo de 2023

Aberta a inscripción para a I Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade na Academia Galega de Seguridade Pública

• O vindeiro 28 de marzo de 2023 celebrarase a I Xornada DFIR (Digital Forense & Incident Response) Galicia de cibercriminalidade na sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
• O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 27 de marzo ás 14.00 horas.


A día de hoxe as novas tecnoloxías atópanse presentes en todas as facetas da vida e forman parte en todas as fases do proceso penal. As ameazas cibernéticas están a volverse tamén máis sofisticadas e xeneralizadas, polo que é esencial entender ao adversario e a evolución das súas tácticas. 

É por iso que esta mañá, o Diario Oficial de Galicia, dentro das actividades programadas para o ano 2023 da  Academia Galega de Seguridade Pública, anunciou a convocatoria da I Xornada DFIR (Digital Forense & Incident Response) co obxectivo de formar na análise forense e resposta ante incidentes aos profesionais das distintas fases do proceso penal para que poidan evolucionar e mellorar as súas competencias dixitais no ámbito da ciberseguridade. 

Datos da actividade: 

  • Denominación: I Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade.
  • Tipo: xornada.
  • Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
  • Data: 28 de marzo de 2023.
  • Horario: das 9.30 ás 19.30 horas.
  • Modalidade: presencial.

Desenvolvemento: 

  • Destinatarios/as: persoal das Forzas e Corpos de Seguridade, Xudicatura, Ministerio Fiscal e profesionais dedicados á resposta ante incidentes, investigación e/ou análise forense de equipamentos informáticos e demais persoal interesado.
  • Prazas ofertadas: sen límite.
  • Contidos: tocaranse cuestións como a proba electrónica na fase de instrución, a importancia da cooperación internacional e en que momento nos atopamos, e as adaptacións das diferentes lexislacións nos países que nos rodean que nos afectan directamente. Ademáis, abordarase a xestión de incidentes e as súas consecuencias, así como as últimas tendencias facendo fincapé no problema do ransonware e dos dispositivos IoT que empezan a formar parte do día a día de todos/as nós.
    • A instrución e a evidencia dixital.

    • Cooperación internacional.

    • Problemática recompilación evidencias e as súas implicacións con actores internacionais.

    • Hurting them: understanding and maneuvering against the Adversary (comprender e loitar contra o/a adversario/a).

    • Secuestro de datos e dispositivos. 

Inscricións:

  • O persoal que desexe participar no curso deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp: aquí
  • O prazo para presentar solicitude de inscrición rematará o día 27 de marzo de 2023 ás 14:00horas.
  • Está a disposición dos interesados o correo formacion.agasp@xunta.es e o teléfono 886206110 para solventar dúbidas e consultas relacionadas.