Presentación do programa "Sé Dixital"

Xoves 19 de Outubro de 2017

Presentación do programa "Sé Dixital"

Descrición:

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e o operador de telecomunicacións Orange organizan o día 19 de outubro a xornada de presentación do programa “Sé Dixital”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia a través de videoconferencia a 11 aulas CeMIT.

“Sé Dixital” é un programa para fomentar a transformación do tecido empresarial de municipios e vilas, co fin de acadar unha rápida e efectiva adaptación destas poboacións e os seus habitantes aos retos que require a nova economía dixital global. Este plan de formación online de balde contribúe a que empresarios e emprendedores locais desenvolvan as súas habilidades dixitais e melloren as súas actividades profesionais gracias ao aproveitamento das novas tecnoloxías.

Horario: De 10:00 a 11:00 horas

Lugar:

As persoas interesadas en seguir esta xornada poden acercarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela (https://cdtic.xunta.gal/) ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia a dita xornada e así poder evitar desprazamentos innecesarios:

  • Boiro
  • Carballedo
  • Celanova
  • Fisterra
  • Leiro
  • Ortigueira
  • Porriño
  • Ribadeo
  • Sada
  • Sarria
  • Valga

Para consultar máis información sobre o evento, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-eoi-orange-e-a-xunta-presentan-a-rede-ce...)

Xoves 19 de Outubro de 2017