Resolución do 7 de marzo de 2022 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo vacante (director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación), convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2022 (publicado no Diario Oficial de Galicia o 3 de febreiro de 2022).
Na sesión que tivo lugar o día 7 de marzo de 2022, o Tribunal nomeado por Resolución de 25 de febreiro de 2022 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.
ACORDOU:
Primeiro.- Establecer como definitivas as puntuacións do proceso selectivo por non terse presentado alegacións e publicar as mesmas na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia indicando o candidato seleccionado para a cobertura do posto de persoal directivo (Director de Área de Sociedade Dixital).
Segundo.- Elevar a proposta de candidata seleccionada a dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022
O presidente do Tribunal
José Manuel Civeira Moure
ANEXO: PUNTUACIÓNS TOTAIS DO PROCESO SELECTIVO
Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación).
Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 3 de febreiro de 2022 (núm. 23)
Data do listado de puntuación provisional: 1 de marzo de 2022
| Nome e apelidos | DNI (*) | Puntuación |
| María Bobillo Varela | *****679** |
7.a.Méritos alegados: 31 puntos |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.