Resolución do 4 de setembro de 2023 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais)
Convocado por Resolución do 7 de agosto de 2023 do director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publicado no Diario Oficial de Galicia do 10 de agosto de 2023.
Na sesión que tivo lugar o día 4 de setembro de 2023, o Tribunal nomeado por Resolución do 31 de agosto de 2023 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, e tendo en conta o establecido na base 7.b)
RESOLVE
Primeiro.- Publicar a relación provisional coa puntuación obtida pola aspirante admitida no procedemento selectivo, contida no Anexo da presente resolución, na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Segundo.- prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web para presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2023
A presidenta do Tribunal
Estefanía Maroto Alén
ANEXO: PUNTUACIÓN PROVISIONAL DA FASE ÚNICA
Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais).
Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 10 de agosto de 2023 (núm. 152)
| Nome e apelidos | DNI (*) | Puntuación |
|---|---|---|
| Marta Sande Eslava | *****790** |
7.a.1.) Formación: 33 puntos TOTAL Fase única: 84 puntos |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.