Resolución do 1 de marzo de 2022 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo vacante (director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación), convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2022 (publicado no Diario Oficial

Resolución do 1 de marzo de 2022 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo vacante (director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación), convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2022 (publicado no Diario Oficial de Galicia o 3 de febreiro de 2022).

Na sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2022, o Tribunal nomeado por Resolución de 25 de febreiro de 2022 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, e tendo en conta que segundo o establecido na base 7 será necesaria a obtención dun mínimo de 15 puntos para superar a primeira parte e de 25 para superar a segunda parte, 

ACORDOU:

Primeiro.- Publicar a relación provisional coa puntuación obtida pola aspirante no procedemento selectivo, contida no Anexo da presente resolución, na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Segundo.- De acordo co disposto na convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022 

O presidente do Tribunal

José Manuel Civeira Moure

ANEXO: PUNTUACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO SELECTIVO

Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación).

Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 3 de febreiro de 2022 (núm. 23)

Data do listado de puntuación provisional: 1 de marzo de 2022

Nome e apelidos DNI (*) Puntuación
María Bobillo Varela *****679** 7.a.Méritos alegados: 31 puntos 
7.b Plan de actuación: 34,71 puntos 
TOTAL: 65,71 puntos

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.