Resolución de 31 de agosto de 2023, pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais).

Resolución de 31 de agosto de 2023, pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais).

En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 6 das bases da convocatoria, publicada por resolución do 7 de agosto de 2023 (DOG número 152, do 10 de agosto de 2023), esta Dirección 

RESOLVE: 

Establecer a composición do Tribunal de selección e nomear aos seus membros de acordo co que se dispón a continuación:

  • Presidenta: Estefanía Maroto Alén, xefa da sección de Asesoramento e Coordinación de Fondos Europeos da Amtega.
  • Secretario: José Manuel Civeira Moure, xefe do departamento de Persoal da Amtega.
  • Vogal: Adrián Lence Paz, director da área de Infraestruturas e Seguridade da Amtega.
  • Vogal: Natalia Blanco Fernández, vicexerenta de Xestión Económica e Contratación da Amtega.
  • Vogal: Mónica Gómez López, xefa da sección de Apoio en Materia de Seguridade e Protección de Datos da Amtega.

Santiago de Compostela, 
O Director da Amtega 
Julián Cerviño Iglesia