Resolución de 29 de agosto de 2023 pola que se aproba e publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais)
En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria, publicada por resolución do 7 de agosto de 2023 (DOG número 152, do 10 de agosto de 2023), esta Dirección
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Galicia, segundo a relación que figura no Anexo.
Contra esta resolución poderanse presentar reclamacións no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no enderezo web https://amtega.xunta.gal/.
As reclamacións presentaranse no Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (edificio CINC, 2º andar- Cidade da Cultura de Galicia) ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso deberá remitirse por fax ao seguinte número: 981 54 52 72, e antes da finalización do prazo antedito, copia da reclamación rexistrada.
Esta resolución publicarase na web da Amtega: https://amtega.xunta.gal/ e no taboleiro de anuncios do organismo.
Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución na que figure a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
Santiago de Compostela
O Director da Amtega
Julián Cerviño Iglesia
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
| Solicitante | NIF | Estado |
|---|---|---|
| MARTA SANDE ESLAVA | ****790** | Admitida |