Resolución de 25 de febreiro de 2022 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación).
En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 6 das bases da convocatoria, publicada por resolución do 21 de xaneiro de 2022 (DOG número 23, de 3 de febreiro de 2022), esta Dirección
RESOLVE
Establecer a composición do Tribunal de selección e nomear aos seus membros de acordo co que se dispón a continuación:
- Presidente: José Manuel Civeira Moure, xefe do departamento de Persoal da Amtega.
- Secretario: Javier Páez González, xefe do departamento de Conectividade e Inclusión Dixital da Amtega.
- Vogal: Natalia Blanco Fernández, vicexerenta de Xestión Económica e Contratación da Amtega
- Vogal: Jesús Castro Barreiro, xefe do departamento de Relacións Institucionais da Amtega
- Vogal: Marta Villanueva Rodríguez, xefa do departamento Orzamentario da Amtega
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022.
A Directora da Amtega
Mar Pereira Álvarez