Resolución de 2 de setembro de 2023 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais) convocado por Resolución do 7 de agosto de 2023 do director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publicado no Diario Oficial de Galicia do 10 de agosto de 2023.
Na sesión que tivo lugar o día 2 de setembro de 2023, o Tribunal nomeado por Resolución do 31 de agosto de 2023 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, e tendo en conta que segundo o establecido na base 7.a) será necesaria a obtención dun mínimo de 35 puntos para superar a primeira fase.
RESOLVE
Primeiro.- Publicar a relación provisional coa puntuación obtida pola aspirante admitida no procedemento selectivo, contida no Anexo da presente resolución, na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Segundo.- Convocar á persoa aspirante para a defensa do seu plan de actuación na sala de Consellos da sede da AMTEGA na segunda planta do edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o luns 4 de setembro ás 13:00 horas.Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2023
A presidenta do Tribunal
Estefanía Maroto Alén
ANEXO: PUNTUACIÓN PROVISIONAL DA 1ª FASE
Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais).
Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 10 de agosto de 2023 (núm. 152)
| Nome e apelidos | DNI (*) | Puntuación |
| Marta Sande Eslava | *****790** |
7.1.1. Formación: 33 puntos 7.1.2. Experiencia: 18 puntos TOTAL 1ª fase: 51 puntos |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.