O proxecto STAMAR enmárcase na prioridade 1 do Programa Operativo Espazo Atlántico “Promover redes transnacionais, empresariais e de innovación” e máis concretamente no obxectivo 1 da devandita prioridade “Desenvolvo de transferencias de coñecemento entre empresas e centros de investigación”, perfectamente aliñado co obxectivo xeral do proxecto STAMAR, que pretende contribuír a mellorar a competitividade e capacidade de innovación das PEMES do sector marítimo do Espazo Atlántico favorecendo os procesos de transferencia tecnolóxica, concretamente daquelas solucións que favorezan un desenvolvemento empresarial sustentable co medioambiente.
Así, o proxecto STAMAR nace como resposta á necesidade de perfilar nas rexións do Espazo Atlántico un sistema de transferencia que funcione con eficacia e eficiencia e que conduza a uns resultados satisfactorios tendo en conta as particularidades das Pemes que operan en mercados locais, que son a tipoloxía de empresa máis característica do sector marítimo no Espazo Atlántico.
OBXECTIVOS ESPECIFICOS
Ampliar a carteira de solucións tecnolóxicas ás que as PEMES do sector do mar poidan acceder.
Impulsar e promover a transferencia daquelas solucións tecnolóxicas que contribúan á conservación da biodiversidade e o medioambiente.
Poñer a disposición das PEMES do sector marítimo un espazo de referencia para levar a cabo actividades demostradoras de solucións tecnolóxicas útiles para o devandito sector.
Deseñar e desenvolver unha estratexia conxunta para facilitar o acceso das tecnoloxías ao mercado e facilitar os procesos de transferencia.
Fomentar o achegamento dos centros de investigación ás empresas xerando espazos de traballo conxunto.
Poñer en práctica polo menos unha experiencia piloto de transferencia en cada unha das rexións participantes.
ACTIVIDADES
Vixilancia tecnolóxica sectorial nas rexións participantes no proxecto. Crearase un grupo de traballo transnacional que realizará labor de vixilancia tecnolóxica nas rexións participantes para pre-seleccionar aquelas tecnoloxías que potencialmente poderían integrar unha carteira sectorial de solucións tecnolóxicas.
Elaboración dunha carteira transnacional de tecnoloxías que, favorecendo a conservación da biodiversidade e o medioambiente, sexan susceptibles de implementación nas PEMES do sector marítimo.
Creación dun Centro transnacional demostrador de tecnoloxías de interese para o sector marítimo a disposición dos Centros de investigación e as pemes do sector.
Deseño dunha estratexia conxunta de achegamento das tecnoloxías ás pemes do sector marítimo das rexións participantes a través do desenvolvemento dunha estratexia “tecnology push” que abarcará desde a selección da tecnoloxía e a valorización da mesma ata a selección do vehículo de transferencia máis apropiado e o acompañamento no proceso.
Organización de eventos de Co-Creation entre empresas e Centros de investigación/ tecnolóxicos para favorecer dinámicas de traballo que faciliten a incorporación das necesidades do mercado aos procesos de investigación.
Pilotaxe de procesos de transferencia das tecnoloxías previamente seleccionadas. Apoio e asesoramento para a posta en marcha de proxectos piloto de transferencia naquelas pemes do sector marítimo interesadas en iniciar unha experiencia de innovación tecnolóxica.