Programa galego de IA 2026-2028

Programa galego de IA 2026-2028

O Programa Galego de Intelixencia Artificial 2026-2028 preséntase como a nova folla de ruta estratéxica da Xunta de Galicia para consolidar á comunidade como un referente no desenvolvemento e uso ético das tecnoloxías intelixentes. Este documento dá continuidade á Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 (EGIA) e serve como instrumento para despregar a pioneira Lei de IA de Galicia, adaptándose aos novos escenarios tecnolóxicos e normativos europeos para garantir unha transformación dixital segura, transparente e centrada nas persoas.

A través de catro eixes estratéxicos, o programa articula un plan integral que abrangue desde a gobernanza ata a innovación. As súas liñas de actuación céntranse en converter a Galicia nunha rexión intelixente mediante unha administración eficiente, impulsar o talento e as competencias dixitais ao longo da vida, fomentar a adopción estratéxica da IA tanto no sector público como no tecido empresarial, e aliñar a I+i coas necesidades reais da economía galega.

Neste documento detállanse as medidas concretas, os proxectos habilitadores e as solucións sectoriais, en ámbitos clave como a sanidade, a educación ou o medio rural, que permitirán acelerar a modernización de Galicia. Trátase dunha aposta decidida por fortalecer o ecosistema de IA, promovendo a colaboración entre universidades, centros tecnolóxicos e empresas para xerar riqueza e benestar social nun futuro cada vez máis dixital.

Pódese descargar o documento a continuación:

Programa galego de IA 2026-2028