Plan de software libre 2017

Plan de software libre 2017

No presente documento amósanse as iniciativas en materia de Software Libre levadas a cabo para realizar unha xestión eficiente

A Amtega renova un ano máis a súa aposta polo uso do software libre recollida na Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020) como un dos principios para a xestión eficiente das distintas iniciativas:

“O impulso do uso do software libre e de estándares abertos e fomento da reutilización de solucións, serán ferramentas para garantir a interoperabilidade dos sistemas informáticos e achegar a tecnoloxía á sociedade evitando a dependencia de determinados provedores TIC e os custes recorrentes”.

O plan de acción en software libre 2017 terá como eixos principais de actuación os seguintes:

Fomento de solucións tecnolóxicas baseadas en software libre no sector empresarial.
Achegamento do software libre ao conxunto da sociedade.
Fomento da reutilización do software na administración pública.

No ámbito empresarial, as actuacións centraranse en potenciar a oferta de solucións tecnolóxicas de calidade dirixidas ás empresas, para favorecer a súa mellora en eficacia e competitividade, primando por suposto as tecnoloxías libres.

No ámbito da alfabetización e capacitación avanzada da cidadanía hai que mencionar as actuacións que se promoverán a través da Rede CeMIT, a colaboración coas Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia, e no ámbito educativo, as actuacións realizadas a través do proxecto Abalar, e aquelas en colaboración co CIXUG no eido universitario.

No eixo de actuación da propia administración pública, a Amtega continuará, entre outras cuestións, avanzando no plan de migración do posto do empregado público a ofimática libre e manterá o seu compromiso de publicación e liberación de dúas novas solucións de software desenvolvidas pola Xunta de Galicia. 

Documentos relacionados:

Plan de acción en materia de Software Libre 2017

Image removed.Plan de acción en materia de Software Libre 2017

Organismo promotor: Amtega