Plan de acción 2024

Plan de acción 2024

O presente plan de acción para o ano 2024 ten como obxectivo regular as actividades da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) mediante a definición de accións, metas e responsables no marco dos obxectivos estratéxicos establecidos no seu contrato plurianual de xestión.

O plan establece 7 eixes estratéxicos que se aliñan coa modernización da administración pública, o desenvolvemento do sector TIC e a promoción do uso das novas tecnoloxías tanto para a cidadanía como para o tecido produtivo. Para iso, búscase proporcionar as infraestruturas necesarias e fomentar a cooperación entre os axentes implicados.

Eixes estratéxicos principais:

  1. Goberno e Administración Intelixente: Inclúe 4 programas para impulsar a automatización e transformación dixital dos servizos públicos, así como para evolucionar cara a un modelo intelixente no posto de traballo do empregado público e o expediente xudicial electrónico.
  2. Sociedade Dixital e Inclusiva: Recóllese en 2 programas dirixidos a facilitar a adquisición de competencias dixitais pola cidadanía e a potenciar unha educación innovadora mediante o uso consolidado das tecnoloxías dixitais no ensino.
  3. Entorno Dixital para a Saúde e o Benestar Social: Contén 2 programas que buscan empregar tecnoloxía para lograr unha sanidade máis preditiva e personalizada, ademais de mellorar a calidade asistencial no ámbito socio-sanitario.
  4. Territorio Intelixente, Verde e Resiliente: Inclúe 4 programas para avanzar cara a un territorio máis sostible, verde, conectado e cun uso máis eficaz dos recursos.
  5. Conectividade Dixital do Territorio: Este eixe engloba 2 programas para conseguir unha Galicia máis integrada e conectada.
  6. Cultura e Turismo Intelixente: Propón 1 programa para promover o uso de tecnoloxías que permitan a dixitalización e conservación do patrimonio cultural galego e consolidar o turismo intelixente en Galicia.
  7. Economía Dixital e Sostible: Recolle 3 programas orientados á transformación dixital do servizo público de emprego, das pemes e á transición cara á industria 4.0.

Eixe Transversal: Especialización Tecnolóxica: Complementa o resto dos eixes estratéxicos mediante 2 programas que buscan impulsar o talento dixital, fortalecer o hipersector TIC e desenvolver capacidades en novas tecnoloxías disruptivas como a intelixencia artificial, ciberseguridade, intelixencia do dato e o 5G.

Plan de acción 2024