Memoria de Actividades 2023
No ano 2023 a Axencia continua a traballar para impulsar a modernización da Administración de Galicia e a transformación dixital da sociedade galega, achegando os seus beneficios ao tecido produtivo, aos nosos profesionais e á cidadanía. Deste xeito, centramos os nosos esforzos nas actuacións, programas e iniciativas que se recollen e detallan neste Informe Xeral de Actividades.
Neste Informe Xeral de Actividades móstranse os avances e logros acadados a través de cada un dos proxectos e iniciativas que se impulsan dende esta Axencia, enfocados na dixitalización de servizos públicos e da administración; na dotación de competencias dixitais sen deixar a ninguén atrás; no fomento da nosa cultura e turismo coa utilización da tecnoloxía; no impulso da nosa economía e do hipersector TIC galego e na implantación dunha rede de infraestruturas modernas para vertebrar unha conectividade dixital real e o desenvolvemento dun territorio intelixente, verde e resiliente.