Informe executivo 2009 - Estado da banda larga en Galicia
A xunta aprobou a elaboración do primeiro Plan director de banda larga do que disporá a comunidade galega. Este definirá o mapa de infraestruturas de telecomunicacións de banda larga, así como a estratexia de despregamento máis axeitada para que a meirande parte dos cidadáns e as empresas galegas teñan acceso de calidade á banda larga no horizonte de 2013.
A Xunta de Galicia aprobou a elaboración, durante o derradeiro trimestre deste ano, do primeiro Plan director de banda larga do que disporá a nosa comunidade.
Este plan ten como obxectivo definir o mapa de infraestruturas de telecomunicacións de banda larga, así como a estratexia de despregamento máis axeitada para que a meirande parte dos cidadáns e as empresas galegas teñan acceso de calidade á banda larga no horizonte do 2013.
A primeira actuación imprescindible para a elaboración do Plan director de banda larga foi a construción do mapa de telecomunicacións de Galícia, tarefa que se rematou no mes de novembro.
En base ao mapa de telecomunicacións, elaborouse un informe executivo sobre a situación da banda larga en Galicia, que recolle:
As actuacións que se levaron a cabo nos últimos anos para a extensión da banda larga en Galícia.
A metodoloxía aplicada para a análise da situación actual.
A situación da cobertura dos servizos de banda larga, así como os indicadores de estimación de demanda non satisfeita tanto para o sector residencial, os servizos públicos e o sector empresarial.
Documentos relacionados:
informeejecutivoestadobandalargagalicia.pdf
informeejecutivoestadobandalargagalicia.pdf
Organismo promotor: Secretaría General de Modernización e Innovación Tecnológica