Estándares de desenvolvemento e adquisición de aplicacións na Amtega
Este documento pretende servir como guía introdutoria aos procedementos e estándares definidos pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante Amtega). Estes deberanse aplicar por defecto nos proxectos e servizos licitados pola Amtega e especialmente nos proxectos de desenvolvemento e adquisición de aplicacións software. Enuméranse os principais estándares e procedementos existentes na organización, que serán de aplicación a todos os proxectos, incluíndo os de desenvolvemento, mantemento e adquisición de aplicacións de software.
A Amtega dispón de documentos específicos para cada estándar e procedemento descrito que se poden consultar no portal XuntaTIC (http://xuntatic.xunta.es/), portal de divulgación de estándares, normativa e calquera outra información para o persoal TIC da Xunta de Galicia. Teñen acceso ao devandito portal o persoal interno e persoal correspondente a contratacións vixentes da Amtega que dispoña dun usuario no directorio activo corporativo.
Estándares de desenvolvemento e adquisición de aplicacións na Amtega
Kit de procedementos e estándares básicos para provedores externos a AMTEGA
Como información adicional ao documento de plataforma tecnolóxica dispoñible nesta web, un provedor, o cal nunca tivo relación coa Amtega, pode solicitar unha serie de documentación básica de estándares. Polo que o primeiro que deberá realizar é a cumplementación e firma do seguinte compromiso:
Unha vez realizada esta operación deberá dirixirse a seguinte ligazón (Provedores Amtega), e continuar cos pasos que alí se indican para solicitar a recepción deste Kit de procedementos.