Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Telefónica móviles España, S.A.U., Orange Espagne, S.A.U., Vodafone España, S.A. e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para a constitución do nodo de coopera

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Telefónica móviles España, S.A.U., Orange Espagne, S.A.U., Vodafone España, S.A. e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para a constitución do nodo de cooperación 5G de Galicia e a realización de diversas probas de concepto no eido do 5G na comunidade autónoma de Galicia

Convenio de Colaboración asinado o 6 de novembro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Telefónica móviles España, S.A.U., Orange Espagne, S.A.U., Vodafone España, S.A. e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

Convenio de Colaboración asinado o 6 de novembro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Telefónica móviles España, S.A.U., Orange Espagne, S.A.U., Vodafone España, S.A. e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

O presente Convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre Amtega, Telefónica, Orange, Vodafone e Retegal para constituír o Nodo de Cooperación 5G de Galicia definido na Medida 2 do Plan Galicia 5G e promover o desenvolvemento de diferentes probas de concepto coa utilización da tecnoloxía 5G na Comunidade Autónoma de Galicia, contempladas na Medida 3 do Plan Galicia 5G.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

As actuacións previstas no presente Convenio contarán con financiamento público-privado. Retegal asumirá un custo máximo de 500 000 euros, mentres que Telefónica, Vodafone e Orange asumirán un importe cada un dun mínimo de 500 000 euros.

O presente convenio terá unha duración inicial de dous anos, dende a data da súa sinatura, sen prexuízo da súa prórroga trinta días antes da súa finalización por períodos sucesivos dun ano ata un máximo de catro anos.