DICO Mindset
Consultas Preliminares do Mercado para o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais interactivos, no marco do Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia (DICO Mindset) |
|
O proceso de consultas preliminares do mercado concluíu coa publicación do informe de resultados. Na actualidade pódense presentar propostas ao proceso de licitación ata o día 08/04/2019 ás 14.00 horas O obxecto desta convocatoria é promover a participación das persoas, físicas ou xurídicas, para a identificación de propostas que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución de solucións e servizos no ámbito dos contidos dixitais interactivos, no marco do Plan de acción para o impulso dos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset. Concretamente o obxectivo é que, a partir dos resultados da Consulta Preliminar do Mercado, a Amtega e a CRTVG teñan coñecemento suficiente das solucións máis novas e óptimas existentes no mercado para o lanzamento dun eventual procedemento de licitación posterior. O DICO Mindset establece entre o seus eixos prioritarios de actuación, levar a cabo unha serie de proxectos innovadores que dinamicen o sector. Esta iniciativa ten por obxectivo a posta en marcha dunha plataforma integral a través da que se ofrecerán distintos servizos baseados nos contidos dixitais interactivos, entre os que podemos destacar os seguintes:
O seu desenvolvemento e extensión supón os seguintes retos :
O presente proceso de consultas preliminares do mercado realízase con vistas a preparar as futuras contratacións que a Administración autonómica ten previsto desenvolver durante as seguintes fases e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e os seus requisitos de contratación. A convocatoria é aberta e diríxese a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que teñan vontade de participación e de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento dos devanditos proxectos. Poderá participar calquera persoa, física ou xurídica,interesada. A participación na convocatoria non leva por parte da Administración autonómica ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas presentadas. A Administración dará aos participantes un tratamento igualitario e non discriminatorio, e axustará a súa participación ao principio de transparencia. Se ten calquera dúbida ou consulta, pode contactar a través do seguinte enderezo electrónico: cm-dicomindset.amtega@xunta.gal
|