Despregamentos de redes de banda larga ultrarrápidas

Despregamentos de redes de banda larga ultrarrápidas

100Mbps en polígonos

A Xunta de Galicia, no marco do Plan de Banda Larga 2020, concedeu en xullo de 2016 unha convocatoria de axudas ao operador R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A destinada a despregar redes de banda larga ultrarrápida de máis de 100Mbps nos polígonos industriais que dispoñían de cobertura nin previsión de tela.

Estes despregamentos contaron cunha inversión pública de 3,4 millóns de euros no período 2016-2018 xerando un investimento total de 5,2 millóns de euros.

Os obxectivos acadados ao remate de 2018 son os seguintes:

Un total de 81 polígonos industriais con cobertura grazas a esta actuación, 31 máis que o mínimo fixado na convocatoria. Deste xeito, superarouse o obxectivo inicial do 55% establecido polo Plan superando xa o 77% dos polígonos de Galicia con redes de máis de 100Mbps. O servizo ofertado alcanza os 350Mbps de velocidade de baixada e 35Mbps de subida cunha garantía de caudal do 80%. Supérase así o mínimo establecido na convocatoria de 100Mbps/20Mbps.

Saber máis

 

100Mbps en entidades de poboación

A Xunta de Galicia, no marco do Plan de Banda Larga 2020, concedeu en marzo de 2018 unha subvención ao operador Telefónica de España, S.A. destinada a despregar redes de banda larga ultrarrápida de máis de 100Mbps en entidades de poboación de menos de 300 habitantes.

Estes despregamentos contarán cunha inversión pública de 14,2 millóns de euros, cofinanciados nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Grazas a esta actuación facilitarase o acceso a redes de máis de 100 Mbps a través de fibra óptica a 74.400 veciños de 181 concellos das catro provincias galegas no prazo de dous anos.

Con esta medida a Administración autonómica actuará nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA). 

Saber máis